Sabes como funcionan os virus?

Algunha vez pensaches como funcionan os virus? E como podemos protexernos deles?

Con este experimento tan sinxelo veralo cos teus propios ollos! 👀

Vas necesitar os seguintes ingredientes:

– 1 prato fondo

– Auga

– Pementa negra

– Xabón

1º. Bota auga no prato.

2º. Estende un pouquiño de pementa na auga.

3º. Agora, mete o dedo. Que pasou? O teu dedo mánchase de pementa, a cal representa o virus!!

4º. Para desinfectarte, lava o dedo con xabón e despois volve meter o dedo no prato… OHHH! Que pasou agora? O “virus” foxe do teu dedo, porque está limpiño!!

Así que xa sabes, lava moi moi ben as mans para que os virus non acaben nelas!

Aquí tes un documento para ir rexistrando o teu experimento, paso a paso!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *