O pracer de escoitar ler.
AG.- Ola!
Para comezarmos nesta nova andaina imos facer algo moi sinxelo. Gozar do pracer de lerlle á familia! O primeiro que tedes que facer é escoitar o audio que vai ao final do texto; titúlase “A Avaría” e é un relato que pertence ao libro titulado Conversas co Vento de Chano Piñeiro. Esperamos que vos guste.
A continuación tedes que buscar un texto que vos apeteza ensinarlle á familia e lédello en voz alta. Xa veredes que sorpresa. Cantas veces fixestes algo así? Podedes comentar a vosa experiencia.
Para finalizar, buscade información sobre Chano Piñeiro.