Diversidade lingüística (e trabalingüística)

AG.- Hoxe, 21 de maio, DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE CULTURAL, pareceume o momento acaído para divulgar este vídeo realizado polo alumnado do Fogar de Santa Margarida da Coruña co gallo dos 21 Días co Galego e + 2020.

Trátase do proxecto titulado «Diversidade lingüística (e trabalingüística)» que presentamos como centro. Decidimos dedicalo á diversidade lingüística xa que o Fogar se prestaba, pola orixe claramente multicultural dos nosos nenos e nenas.

Cómpre dicir tamén que, salvo algunha pequena axuda no guión, a realización é case por enteiro obra da propia rapazada. Esperamos que vos guste.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *