O bingo do domingo

Hoxe, a profe Isabel Fraguela Santos, preséntanos unha actividade superdivertida: fabricar un bingo caseiro! No documento anexo explicamos, paso a paso, como se fai. Así que, todos/as moi atentos/as!

Unha vez feito, só nos queda repartir os cartóns, meter os números no bombo, darlle moitas voltas e cruzar os dedos para ter moita sorte!! Recordade que alguén se terá que encargar de sacar os números e cantalos.

Ah! Unha última suxestión! Podemos facer videochamadas aos familiares que non estean con nós na casa, establecendo esta actividade como unha rutina máis dentro do horario familiar e, moi importante nesta época, acurtando distancias!!


2 comentarios en «O bingo do domingo»

  • 20 Marzo 2020 ás 11:35
    Ligazón permanente

    Encántame !!! Grazas pola idea.
    Tamén é aplicable para cursos máis avanzados traballando coas táboas de multiplicar en lugar de só cos números (ou con sumas e restas)

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *